O próximo día 21 de xuño imos clausurar o proxecto do presente curso 2017/18 titulado: Corazón de futuro , voz de muller.
A clausura do proxecto coincidirá co último día de clase, constará de dúas partes:
9,30 h. Acto de Clausura denominado: EU TAMÉN NAVEGAR.
Un acto musical e escénico no que participan practicamente a totalidade dos alumnos/as do centro nas pistas do centro en distintas intervencións dos distintos cursos de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato coa idea de raxhar co silencio milenario da muller na historia.
11 h. CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO baixo o lema "Corazón de futuro, voz de muller" no que máis de 80 alumnos/as de Secundaria representarán no Salón de actos un total de 8 pezas teatrais dunha duración aproximada de 15 minutos cada unha que se levarán a cabo en dúas sesións cun breve descanso de 12 ás 12,30.
13,30 h. Ao final das representación terá lugar a votación e posterior entrega de catro premios deste 1º Concurso de Teatro Clásico San Narciso de temática feminina: Mellor traxedia, mellor comedia, mellor actor e mellor actriz. (para ver máis información sobre este concurso)
Tamén se presentarán no Salón de Actos diversos traballos realizados durante o curso por alumnos da ESO e Bacharelato co obxectivo de darlle voz ás mulleres nas nosas aulas. Abecedario da muller dos Departamentos de Lingua e Literatura da ESO e video-creación sobre as filósofas e feminismo de Filosofía en Bacharelato).
Con este mesmo obxectivo en diversos espazos do centro están expostos traballos de Plástica, Ciencias Sociais e as Titorías de 1º da ESO, ademais dos propios da Biblioteca do noso colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario