CONCURSO DE TEXTOS DE AMOR
No mes de Rosalía de Castro.
Bases do Concurso:
TEMÁTICA: O tema ao redor do cal xirarán os textos a presentar será o AMOR.
LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: galego, castelán, inglés e francés. De presentar varios textos unha mesma persoa, deben ser distintos textos, non son válidas as simples traducións e tamén cada lingua terá os seus propios premios.
CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS: Os textos non poden ter máis de 5o liñas e xirarán ao redor do tema citado. A coherencia textual e corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiado.
PRAZO: Os textos serán entregados ben na biblioteca, ben ao profesor da materia da lingua na que se concurse antes do día 23 de febreiro.
A entrega de premios realizarase nun recreo na propia Biblioteca o 28 de febreiro do 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario