O 1º Premio de Poesía do Concello de Marín foi para Ángela Pousada González polo poema que reproducimos a continuación:
Xente,
xente soñadora,
que non dorme polas noites.
Noites
apagadas,
sen xente que as escoite.
Soños baleiros,
sentimentos que colgan
dun só fío.
Poetas,
poetas atrapados nas entrañas das prohibicións
mais o corazón só entende de emocións,
e neste xogo que é a vida,
que estamos destruíndo día a día,
quedan reducidas á opresión.
Nun mundo no que o deber derrota ao querer,
no que o amor é só de adultos,
no que se pensa que seríamos os mesmos
sen os desexos que espertan os versos de Neruda.
Nun mundo que se engana
sobrevalorando certas famas
e ocultando outras tantas moito máis dedicadas,
deixando
simplemente,
Xente soñadora,
que non dorme polas noites
e noites
apagadas,
sen xente que as escoite.
Ángela Pousada González
O 2º premio de Poesía do Concello de Marín foi para Mary Iglesias Schwarz polo poema:
Só quedan
cinzas
da miña vila repleta de silencio.
Non somos máis que feridas.
Como sobrevivir despois diso?
Lembro as voces dos nenos
Querían destruír
a nosa alegría
O premio de Narrativa Marín Conta, que convocaba o Ateneo Sta. Cecilia de Marín e cuxa entrega de premios tivo lugra na Alameda o propio día 17 de maio, pouco despois da anterior entrega realizada no Museo, ademais da presenza da nosa finalista na categoría da ESO Mary Iglesias Schwarz, tamén contou co recoñecemento a varios dos noso alumnos/as de Primaria que participaban dentro da súa categoría.
NON O ESQUEZO
Non me
quedan máis que bágoas.
Unhas cantas
notas do pasado
e a melodía
do meu corazón
están
esperando o teu agasallo
da miña vila repleta de silencio.
Non somos máis que feridas.
Como sobrevivir despois diso?
Lembro as voces dos nenos
e dos homes
cando ían ao campo,
os festivais, o concello,
unha vila chea de cartos.
os festivais, o concello,
unha vila chea de cartos.
Cando
chegaron
escondidos detrás das súas armas
eran miles,
ríanse das nosas bágoas.
escondidos detrás das súas armas
eran miles,
ríanse das nosas bágoas.
Querían destruír
a nosa alegría
Pero estamos
aquí,
no medio destas ruínas,
no medio destas ruínas,
para falar
da esperanza
e do amor á vida.
e do amor á vida.
Pero estamos
aquí,
non o
esquezo,
da miña vila
arrastrada
pola ruína.
E eu vivín
aquí,
non o
esquezo,
nesta vila…
borrada de
mapas e recordos.
Mary Iglesias Schwarz
Mary Iglesias Schwarz
Ningún comentario:
Publicar un comentario