Hoxe terán lugar os ENCONTROS DA BIBLIOTECA DE SECUNDARIA coa autora ELENA GALLEGO ABAD organizados en colaboración co Departamento de Galego e o EDLG do centro, Vanse realizar dúas sesións un encontro con 1º da ESO A e B e logo, despois do recreo outro cos dous grupos de 2º da ESO. Estes alumnos/as leron recentemente o libro de Dragal I: A herdanza do dragón
e van ter ocasión de compartir a súa experiencia coa autora quen ademais nos informará de como vai evoluíndo esta magnifica saga que conta xa con varias tradicións e diversos proxectos multimedia en marcha. Trátase dunha magnífica ocasión para dimensionar ante os nosos estudantes o mundo editorial galego e as súas posibilidades.
Nos próximso día sdeixaremos unha reportaxe desta visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario