martes, 1 de xullo de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN




Dende a Biblioteca de Secundaria do San Narciso imos deixar aquí algunhas recomendacións de lecturas para os nosos alumnos/as.

Comezaremos coas recomendacións para lectores de 1º e 2º da ESO:
As lecturas obrigadas durante o curso EN GALEGO foron:

Misterio Resolto de Concha Blanco.

O elefante branco de Xesús Fraga.


A quen teña lidas estas obras recomendámoslle especialmente unha triloxía dunha autora que reside precisamente en Marín. A triloxía comeza con:  Dragal. A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad.

Unha historia escrita a dúas mans entrañable e divertida é a de Mortos de Ningures da galega Ledicia Costas e  o catalán Pere Tobaruela.

Tamén unha obra escrita a dúas mans é a de O neno can, da autora  recentemente nomeada académica Fina Casalderrey e Francisco Castro. Trátase dunha obra con cinco relatos que presentan un fío común.








Unha obra que non nos cansamos de recomendar para quen non a lera xa é O paxaro do mel  escrita, xa hai uns anos, polo noso profesor de galego Adolfo Caamaño.

Outra obra de Ledicia Costas que lemos este ano en 3º e 4º da ESO é O corazón de Xúpiter  e a qen a teña xa lida lle indicamos un par de títulos máis:


As sete mortes de Carlos Vila Sexto. E para quen prefira o relato breve O único que queda é o amor  un Premio nacional de narrativa xuvenil dun dos autores máis reoñecidos das nosas letras Agustín Fernández Paz.

Se pasamos aos clásicos e á lírica os nosos alumnos/as de 1º Bacharelato non esquecen a súa aproximación a Rosalía realizada a través dos Cantares Gallegos na edición comentada de Anxo Angueira. Esta autora provocou toda unha serie de edicións ao redor da súa vida e obra, estudos diversos que actualizan a súa lectura.

Ningún comentario: