xoves, 8 de maio de 2014

MARÍN MEDRA ENTRE POEMAS

Unha campaña ideada polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros docentes de Marín entre os que está o do Colexio San Narciso e que está deseñada para todo Marín. A campaña intenta que os seus cidadáns e veciños, veciñas, mozos e vellos, nais e pais, persoas mozas e adultas volvan a mirada aos poemas en galego durante o mes de maio. A rúa é o lugar escollido para facer acto de presenza permanente durante este mes. Pendurados das árbores da céntrica Alameda de Marín 40 paneis cos seus versos poetizan a vila mariñeira coma se fosen flores nos campos de primavera.

O noso aporte consiste nunha creación de un grupo de alumnos/as de bacharelato do EDLG do San Narciso creado a partir de intervir cunha mirada propia e sensible sobre un conxunto de trinta poemas e poetas das nosas letras diversos e distintos para finalmente crear un novo poema con versos de cinco poetas na procura dos soños, da esperanza cara a Terra.

A iniciativa está sendo todo un éxito pois logrou que 40 colectivos de distinta índole se sumaran ao proxecto
 e que enchesen a Alameda con versos.


O propio Concello de Marín sumouse á iniciativa como unha pancarta na balconada principal do edificio consistorial lembra aos viandantes.


Ningún comentario: