Vivimos en tempos difíciles. Tempos
difíciles para os amantes.
Amantes ameazados pola desconfianza e a
falta de complicidade que tiñan os amores de antano.
Que foi daquelas pelexas que remataban nun
bico? Bicos que levaban a mais bicos. Que foi dos amores que duraban toda a
vida? Onde está o poder sobrelevar os baches, as dificultades..?
Nun mundo onde todo o que se estropea
tírase ao lixo...o amor non ía ser menos.
Hipócritas amantes. Amantes
hipócritas.
"Tranquilo, se se nos esgota o amor,
volvemos facelo."
Ningún comentario:
Publicar un comentario