martes, 29 de outubro de 2013

Reparto de carnés e primeiras lecturas dos 1º da ESO na Biblioteca


No día de S. Narciso inauguramos as lecturas na Biblioteca de Secundaria do presente curso  2013-14 e entregámoslles os novos carnés da Biblioteca de Secundaria aos novos alumnos/as de 1º da ESO A e B. 

 A sesión de lectura que realizamos xirou ao redor do mito de Eco e Narciso, acompañadas de audicións de música ( na voz de Guadi galego) que procuraba evocar as distintas partes nas que dividimos o relato. O nacemento de Narciso, o encontro con Eco e a morte de Narciso e de Eco. A sesión ía na procura de distinguir os elementos que diferencian os contos dos mitos, era unha invitación logo a comezar a lectura de textos de mitoloxía cousa que neste curso lles resultará algo esencial para ir medrando a súa competencia como lectores xuvenís que son. 


Ningún comentario: