O TEATRO UN EXERCICIO NA PROCURA DA
VERDADE
Cando
realizamos unha obra de teatro nun
centro de ensino todos saímos gañando da experiencia. O centro precisa
educar tamén aos seus alumnos/as como
futuros espectadores, ofertándolles, dándolles as claves coas que achegarse
a calquera proposta dramática, acompañalos nese proceso que procura en
cada representación unha parte da verdade que está por descubrir, que temos
que axudar a descubrir a cada alumno/a como unha experiencia didáctica
necesaria para calquera ser humano do século XXI.
Os
alumnos/os que presencian o espectáculo, futuros consumidores de produtos
teatrais que agudiza a súa capacidade e edúcaos
como espectadores dispostos á reflexión do que ven, observar con espírito crítico unha obra dun
xénero onde a opinión é esencial, e do que naceu o cinema, polo tanto produtos
que se consumen día a día, en moitas ocasións sen criterio, sen reflexión.
Aos
profesores/as que lles ofrece unha
ferramenta de traballo nas aulas de primeira magnitude ao ser un
instrumento onde os protagonistas, nunca mellor dito, son realmente os propios
alumnos/as, tanto os que actúan como os que son espectadores. O teatro, un
lugar para ver e facer medrar o espírito crítico dos nosos alumnos/as, as
capacidades de expresión e comprensión póñense de manifesto e é un espazo novo
para educar a responsabilidade e a madureza dos propios alumnos/as.
Aos que
representan a obra élles especialmente rendible como experiencia por tratárense
dunha tarefa didáctica moi completa
que parte do propio coñecemento sobre un mesmo e de como proxectamos o noso eu
cara aos demais, pasando por dinámicas de mellora da expresión e comunicación
social, de creación e imaxinación, de memoria e de improvisación notables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario