martes, 2 de abril de 2013

Día do Libro Infantil e Xuvenil: O Proxecto Kalandraka xa ten 15 anos

No día do Libro Infantil e Xuvenil está tamén de aniversario a Editorial galega Kalandraka, un inmellorable exemplo de promoción e innovación no sector da literatura para os primeiros lectores, para os máis novos. Conta xa con 1300 títulos publicados nestes 15 anos de existencia, ademais de ser un proxecto que edita non só en galego e castelán, tamén o fai en catalán e portugués, é dicir a práctica totalidade dos idiomas peninsulares aos que hai que engadir a súa presenza internacional que é, así mesmo, importante. Este ano pasado foi recoñecido o seu labor editorial polo Ministerio de Cultura como xa temos comentado e supón para o mundo editorial galego, españole e europeo, todo un referente.  Parabens neste día tan especial!
 Para que vexades só un exemplo do seu labor e como hoxe ademais é  tamén o día do autismo imos colgar aquí este vídeo dunha rapaza lendo un libro  editado con pictogramas por Kalandraka  e a Asociación Bata para o Tratamento do Autismo:

Ningún comentario: