O día 12 do 12 deste ano 2012 imos realizar unha lembranza na Biblioteca de Secundaria para rematar así o ano de actividades e celebracións ao redor do Centenario de Celso Emilio Ferreiro, o poeta da lingua proletaria, o poeta de Celanova o poeta da Longa noite de pedra, o poeta evocador da liberdade e do amor de Moraima. Poeta satírico, crítico e poeta do amor compartido con Moraima coa mesma forza que denuncia a guerra de Vietnam, un poeta irmau e solidario cos que sofren, que nunca esqueceu a lingua dos avós.
Imos comezar o noso acto cos rapaces que estrean a Secundaria, alumnos/as de 1ºESO B que viñeron á biblioteca a recitar o poema "Irmaus" antes de pasar a ver outros vídeos e escoitar outros poemas do autor.
Eiquí deixamos, fronte ao mar de Marín un poema seu de amor titulado Moraima
e outro sobre a súa lingua:
e outro que titula non:
Deixamos tamén un avance do documental 100%CEF:
E unha homenaxe das tantas realizadas a este enorme poeta:
Ningún comentario:
Publicar un comentario