Imos dar unha referenciadas obras que son recomendadas polos distintos Departamentos para que secxan lidas ao longo das vacacións de verán deste curso 2011-2012 que remata.
Comezamos por dúas obras recuperadas dos fondos da nosa Biblioteca para os lectores de 1º da ESo e 2º da ESo. Trátase de dous títulos editados no ano 2002 e 2003, respectivamente pola editorial Kalandraka en galego.
A VIAXE DE CORA
Autor: Meike, Hinrichs
Editado por: Kalandraka Editora, S.L.
Data de edición: 01 Marzo 2002
Serie: Tiramillas
"Tiña o pelo rebelde coma ela mesma. Un día tivo unha experiencia terrible e a alegría desapareceu da súa vida..."
A FAMOSA INVASIÓN DE SICILIA POLOS OSOS
Autor/es: BUZZATI, DINO
Editorial: KALANDRA EDITORA 2003
Serie: Tiramillas
"O Duque mandou o exército acabar con todos os seres vivos da montaña..."
Outro título que recomendamos en galego tanto para os rapaces e rapazas maiores de 1º ou 2º de Bacharelato, así como tamén para os mesmos pais e nais que desexen ler unha novela intrigante, ben construída e moi ben acollida polos lectores e a crítica galega e foránea. É un dos títulos máis coñecidos da obra de Domingo Villar, un autor galego moi recoñecido a partir da publicación da primeira novela desta saga,recoñecemento que volveu a conquistar e reforzar coa publicación desta segunda novela e da súa tradición a varios idiomas coverténdose nun dos bestsellers da literatura galega dos últimos anos.
A PRAIA DOS AFOGADOS
Autor: Villar, Domingo
Editado por: Editorial Galaxia
Data de edición: 2009
Serie: Literaria
" O inspector Leo Caldas saíu do taxi e saltou por riba das pozas ata a beirrarrúa...cando saíron do bar Puerto, o outono dera por concluído o seu armisticio."
Para os mozos de 4º da ESO imos recomendar unha fermosa historia real en forma de diario. Trátase dun título moi coñecido escrito entre 1942 e 1944.
O DIARIO DE ANA FRANK
Autor: Frank, Anne
Editado por: Kalandraka editora.
Data de edición: 2004
Serie: Narrativa
"Espero confiarche todo como non puiden facer con ninguén ata agora, que sexas para min un gran apoio"...
Ningún comentario:
Publicar un comentario