Querer coñecer é algo substancial da actividade educativa e intelectual que estamos a desenvolver. Os libros son logo unha experiencia vital que nos axuda a coñecer de verdade a nós mesmos e ao mundo no que vivimos.
ABRIL DA LECTURA é a campaña que poñemos en marcaha para dinamizar a solicitude de libros na Biblioteca ao longo deste mes de abril e que esperamos mantela durante o mes de maio. Trátase dunha iniciativa conxunta dos departamentos de linguas do noso centro que invitarán a participar de xeito voluntario aos alumnos/as nesta campaña sumando lecturas que se terán en conta para a avaliación en cada materia e curso correspondente seguindo sempre os criterios de cada profesor/a, e sempre con carácter positivo para os lectores ou lectoras que queirn participar da campaña. Un libro, un positivo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario