luns, 5 de marzo de 2012

HOMENAXE AO P. FRANCISCO CARBALLO, BO E XENEROSO


A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou por unanimidade proclamar ao P. Francisco Carballo "Bo e Xeneroso", unha homenaxe en vida a grandes personalidades da cultura galega contemporánea que xa vai pola novena edición e que se celebrou nun acto público no Museo do Pobo Galego en Compostale o pasado 3 de marzo ás 12 da mañá.
No acto inteviñeron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG a propia secretaria xeral da asociación, Mercedes Queixas Zas, que leu a acta da concesión do Premio. Tamén e como é costume realizou unha Laudatio o historiador Anselmo López Carreira para intervir finalmente o homenaxeado.

Como manifestou o presidente da AELG: " queremos porlle nome a "Os Bos e Xenerosos". Por iso celebramos este acto de estudo e de recoñecemento anual da figura dun escritor ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión pública da cultura galega. Con esta homenaxe destácase, sobre todo, un compromiso ético coa nosa cultura... Preténdese poñer de relevo a exemplar traxectoria de Francisco Carballo, quen ao longo de máis de corenta anos participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores a realidade social e cultural de Galicia, o que o converte nunha figura referencial para a sociedade galega no seu conxunto."

Ningún comentario: