martes, 14 de decembro de 2010

Xa queda pouco para saber quen gañou DE MEDO 2010!


Quedan poucos días para saber quen gañou o Concurso DE MEDO 2010 que organizmos desde a Biblioteca de Secundaria do San Narciso. O xurado está corrixindo textos e lendo xa os últimos relatos entregados, un proceso lento e cheo de sorpresas que producen calofríos arrepiantes. Ante a nos a mente pasan pactos diabólicos co Señor do mal, personaxes estraños que regresan da morte, defuntos que non poden descansar até cumprir con algo que non fixeron en vida, criminais que voltan ao lugar onde cometeron o seu crime, como non, aparecen vampiros que conseguen a inmortalidade grazas ao sangue que zugan aos vivos, seres indefinidos que arrastran consigo o mal, estatuas ou bonecos que cobran vida ( ver a ilustración que acompaña esta entrada dun relato de Mª Élida de 2º ESO B), desdobramentos da personalidade, matamorfoses estrañas como as de Kafka, enfermidades espantosas, lugares encantados e enmeigados, agoiros e premonicións, pesadelos e soños que semellan ser realidade e personificacións varias da temida morte moura. revivimos pasaxes de Edgar Allan Poe ou da nosa tradición oral, todo para volver a pasar por esta experiencia colectiva que demos en denominar DE MEDO.

Ningún comentario: