xoves, 28 de outubro de 2010

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Este venres na Biblioteca de Secundaria do San Narciso imos celebrar o CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ, un magnífico poeta nacido en Orihuela no 30 de outubro de 1910. Imos lembrar a terrible biografía marcada pola guerra e a represión, deténdonos en cada un dos fitos sinalados da súa obra para o que escolleremos recitados e pequenas montaxes audiovisuais realizadas a partir dos seus versos. Precisamente aquí deixamos algunhas das máis significativas interpretacións dos seus poemas.

Este primeiro é un documental baseado nunha entrevista coa muller de Miguel Hernández.



Llegó con tres heridas
la del amor,
la de muerte,
la de la vida.



Unha Biografía:




Un recitado da Elejía a Ramón Sijé diante da Casa Museo de Miguel Hernández, por parte do trobador Francisco Javier que estivo no San Narciso en varias ocasións tamén recitando:



Andaluces de Jaén, cantado por Paco Ibánez:



Para la libertad, versión de J. M. Serrat:



Vientos del pueblo, versión de Ana Belén e Victor Manuel con Música de Victor Jara con Letra de Miguel Hernández:



Pra rematar a tristes "Nanas de la cebolla", dedicadas ao seu fillo nun contexto de guerra e represión.

Ningún comentario: