sábado, 23 de outubro de 2010

CARTA no Día DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Queridos amigos e amantes da lectura:

O día 22 de outubro pillounos aquí, na Biblioteca de Secundaria do Colexio, en plena campaña "OUTONO DA DIFERENZA" unha campaña coa que pretendemos abrir o curso situar aos noos usuarios/as habituais e os futuros no contexto dun curso no que imos traballar no noso centro ao redor do "respecto" e sabendo que a clave do respecto está no coñecemento e a tolerancia da diversidade escollemos ese lema relacionado coa estación na que estamos , na que comezamos o curso e na que se aprecian sensiblemente o diverso do noso mundo mesmo a través da paisaxe. por iso as árbores que están en pleno proceso da caída das follas serán un elemneto que dinamizará a decoración da Biblioteca e seguindo a trama do conto da "Árbore das follas Din A-4" imos colgar das nosas árbores da biblioteca follas cheas de letras.

Por outro lado, neste Día das Bibliotecas Escolares nunha curiosa coincidencia o lema escollido pola IASL (Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares) promotora do evento está intimamente relacionado coa campaña que nós estamos neste mes de outubro desenvolvendo. Deixamos aquí este enlace de SOL (Servicio de Orientación de Lectura)para que os que queiran interesarse máis nas propostas que dende a súa páxina nos fan.

Se máis nada que comunicaros polo de agora e desexando teñades moi boas e enriquecedoras lecturas, despedímonos de vós ata a semana que vén que agarda xa con novas propostas para dinamizar e animar o uso da túa e nosa biblioteca.

Ningún comentario: