domingo, 20 de xuño de 2010

MORREU O PREMIO NOBEL SARAMAGO


O premio Noble, Xosé Saramago, portugués universal e autor de obras tan redondas como o "Ensaio sobre a cegueira" morreu o pasado venres á idede de 87 anos. Morreu en lanzarote onde residía coa súa muller Pilar del Río unha xornalista española "culpable" en boa medida de manter activo nestes últimos anos ao escritor, como confesou o mesmo Saramago recentemente. Un autor que atopou o seu estilo e unha gran difusión da súa obra cando xa contaba con máis de 60 anos. As súas primeiras obras ligadas ao mundo portugués coñeceron menor divulgación, pero resultan claves para coñecer a evolución da literatura lusa do século XX. Saramago soubo cando comezaba esta segunda gran etapa da súa carreira como narrador, citaba a páxina 23 do seu libro Levantado do chao. ata ese momento o autor fora poeta e xornalista, pero será esta obra a que lle abra as portas á narrativa o xénero onde medrará axiña a súa obra e o seu recoñecemento.

Ningún comentario: