Hoxe estivo na Biblioteca de Secundaria para compartir cos alumn@s de 4ºda ESO e 1º de Bacharelato a lectura da súa obra UN TIPO LISTO.
En primeiro lugar, lemos unha pequena biografía de Xosé Monteagudo, para logo ser Adolfo Caamaño, profesor, escritor e migo persoal do autor quen destacase que Xosé pasou polas aulas do San Narciso nos anos 70 e esta referencia retomouna el mesmo ao dicir del que era un alumno máis ben tímido e calado e que foi na adolescencia onde tomou contacto coa literatura e foi tamén tomándolle gusto a iso de escribir. Mais sería un premio, anos despois, no 2003, con ocasión da edición da súa primeira novela, nada máis e nada menos que o Premio Blanco Amor, un dos máis prestixiosos de Galicia quen o daría a coñecer ao gran público da Literatura en Galego. Posteriormente o premio García Barros do ano 2009 coa súa terceira novela o que o consagra entre os autores contemporáneos das nosas Letras.
logo dunha breve introdución sobre os motivos que o levaron a creación da novela Un tipo listo o propio autor deu paso a un diálogo cos seus lectores. ´Foron saíndo así temas como quen viña sendo o "tipo listo" na novela, e como aínda que aparece na páxina 207 a seguinte afirmación: " máis de dous mil millóns é unha cifra o suficientemente importante como para que calquera o cualifique hoxe coma un tipo listo". Pero o certo é que os lectores sabemos que este calificativo ben se pode aplicar a outro personaxe, ben pode ser un calificativo cargado de ironía, como indicou o seu creador. Saíron tamén nas cuestións o sentido irónico dos títulos e partes nas que está divida a novela e que fan aparentemente referencia a termos de economía como: investimento, plusvalía ou auditoría interna que ´se deben aplicar as propias historias vividas polos personaxes.
Dos valores que transmite a obra falouse do diñeiro que transforma e provoca verdadeiros imprevistos e como hai momentos da nosa historia recente como o franquismo nos que a corruptela e o desfalco estaban incrustados na sociedade e na "realidade do Sistema". Reflexionamos sobre personaxes como Don Caetano, un home do réxime que "educa" a Manolo Cortizo como o seu verdadeiro "afillado", traxectoria que imos descubrindo por boca do fillo deste a memdida que a retrospección, recurso reiterado, vai levando ao lector cara as raíces do proceder modélico do seu pai recentemente finado.
O Encontro con Xosé Monteagudo, como non podía ser doutro modo, rematou coa sinatura de exemplares da obra editada por Galaxia e permitiu un último achegamento ao escritor antes de despedirnos ata outra ocasión lembrando que un ex-alumno do San Narciso, dalgunha forma sempre ten unha razón pola que volver ás aulas polas que pasou, porque segue sendo algo de seu, ou mesmo para saudar aos seus vellos profesores e lembrar con certa nostalxia os tempos idos da impetuosa adolescencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario