mércores, 14 de abril de 2010

O martes 13 con ILUSIÓN e MAXIA




O mago Noel xa nos ten acostumados a este tipo de xogos coas datas de sortilexio. Sexan en martes ou en venres, todos os 13 presenta na Biblioteca de Secundaria un novo espectáculo de maxia adaptado ao tempo de recreo. Nesta ocasión houbo tamén unha benvida á reincorporación de Adolfo, o profe de galego, que despois dun tempo de baixa volve ás aulas. Aquí quedan varias fotos do acto co Mago Noel en plena acción:

Ningún comentario: