venres, 26 de marzo de 2010

Florecen os NARCISOS e COMEZA ABRIL



No mes de marzo, que está a piques de rematar, a Biblioteca vaise preparando para recibir a primavera dos libros. Van agromando as flores e nacen de novo os narcisos namentres @s alumn@s absort@s nas lecturas e colgad@s das consultas na rede semellan non decatarse.O ritmo do latexo continuo dos seus corazóns acelérase. Abril está as portas. Abril traerá consigo varias novidades á Biblioteca:
Obradoiro de Creación literaria . Traballaremos como vén sendo habitual coas Cartas de Amor e, como novidade, participaremos na campaña da Concelleria de Cultura do Concello de Marín xunto con outros centros da localidade para desenvolver unha experiencia express de libro viaxeiro. A Secundaria correspondeunos confeccionar "a nosa historia de Don Quixote da Mancha".
Finalmente quixeramos anunciar que estamos rematando cunha parte da informatización da biblioteca e que poremos en marcha en breve os carnets da nosa biblioteca.

Ningún comentario: