
O día 22 de marzo, un día despois da entrada oficial da primavera celébrase no mundo esta data que une dous elementos esenciais para a vida: a auga e a poesía. Que sería deste mundo de homes e mulleres, sen sentimentos e sen elementos tan necesarios.
Amor de auga lixeira, muiñeira... deixou dito Cunqueiro quen tamén escribiu este diálogo fermoso e evocador en
Herba aquí ou acolá:
-Dáme auga, ña amiga
e ficarei aquí.
-Ácolá hai un pozo
que reverque, meu habib!
- A auga que eu quero
está sorrindo a ti!
_Este pozo ten dono
percura outro, meu habib!
Ningún comentario:
Publicar un comentario