mércores, 27 de xaneiro de 2010

Musica emotiva para tempos de Paz



Á hora de falar de temas versionados na historia da música, podemos atopar unhas raras excepcións nas que a adaptación chega a facerse máis popular e coñecida que o tema orixinal, e esta canción que vos traio agora exemplifica como poucas a devandita situación. Trátase da desgarradora Hurt, a cal foi orixinalmente incluída no disco The Downward Spiral de Nine Inch Nails, excelente disco publicado no ano 1994.


Oito anos despois, o defunto Johnny Cash a revisitaría na súa American IV: The Man Comes Around, dándolle un novo toque aínda máis emotivo e descorazonador que consegue poñer os pelos de punta cada vez que a escuitas, e máis aínda si o fás vendo o videoclip dirixido por Mark Romanek. Este sería o último gran hit do soado cantante country.

Tras velo, Trent Reznor, cantante de Nine Inch Nails, declarou que esta canción deixou de ser súa, pasando a pertencer a Cash. O verdadeiramente curioso é que hai xente que pensa que realmente é así, e que foi Reznor quen versionóu a Cash, e non ó revés. ´

DISFRUTADEA

Ningún comentario: