sábado, 30 de xaneiro de 2010

Celebramos o Día da Paz e da Non Violencia

Onte na Biblioteca celebramos o día da Paz cunha iniciativa que presenta dúas caras, como as antigas estatuas do deus latino Ianuarius. Por unha banda narraproxección dun conto traducido ao galego do autor Umberto Eco ilustrado con debuxos de Eugenio Carmi, e por outra a presentación da Exposición de Reporteiros solidarios sobre o Sahara que estará aberta dúas semanas no nosos centro. En concreto se trata da plasmación fotográfica dun par de experiencias de recepción de nenos saharahuis`por parte de familias galegas , de aí o título " Galicia- Sahara". Lembramos que o noso centro leva anos colaborando en diversas campañas relacionadas co Sahara e que esrta actividade ten tamén neste contexto unha importante dimensión solidaria ademais de didáctica.
Ésta é a montaxe do fotógrafo solidario de AGARESO Pelu Vidal:



Outra montaxe máis documental sería esta:



Aquí podes ver e escoitar unha historia do Sahara narrada polos propios saharahuis:

Ningún comentario: