
O día escollido para loitar contra a violencia de xénero, o 25 de novembro, imos propor unha lectura sobre o tema, unha novela indicada para os rapaces e rapazas de bacharelato, pero que ben poden ser aproveitada para os cursos de 3º e 4º da ESO. Recomendamos un dos moitos libros posibles. Trátase do título A CABEZA DE MEDUSA de Marilar Aleixandre, da que colocamos a continuación as primeiras palabras do seu primeiro capítulo:
"O venres en que ía ser violada amaneceu bochornoso, a cidade pugnando por tirar os cumes dos edificios para fóra dos farrapos da néboa. Desde a fiestra do seu cuarto Sofía contemplou as casas que os separaban da beiramar envolveitas na brétema que sobe da auga co inicio da primavera, mais que ás veces apura e se adinta aentroido, atoando a circulación dos coches e das palabras. Febreiro estaba comezando."
Ningún comentario:
Publicar un comentario