martes, 6 de outubro de 2009

Morreu o Dramaturgo galego DANIEL CORTEZÓN


Daniel Cortezón morreu onte aos 82 anos de idade, era un dos grandes dramaturgos de posguerra con obras de corte histórico ambientadas na idade medieval. Gañou o premio Blanco Amor como novelista coa obra A vila sulagada, o que nos dá unha idea dos seus gustos e temas predilectos, a mitoloxía galega e a exaltación dos grandes momentos da nosa historia. Este curso no que se celebrará o Xacobeo debemos ter en conta obras de Daniel Cortezón como "Prisciliano" ou "Xelmírez e a gloria de Compostela", curiosamente o autor e director teatral Roberto Bolaño, un dos admiradores seus, fixera hai case dez anos unha adaptación desta última obra sabedor da dificuldade de desenvolver un teatro de corte historicista en Galicia.

Ningún comentario: