luns, 16 de febreiro de 2009

MAXIA , SORTILEXIOS E PALABRAS

Que sería do home sen ilusións, sen soños , sen esperanzas?

A maxia é como a literatura: fantasía, feitizo, sortilexios e ilusión. Ambas serven para vivir a realidade doutro xeito. Por iso o mago coma o autor dun libro alimenta o mundo dos soños. Maxia é probar a verter
o que hai no fondo de ti mesmo.





Un mago di o que non fai, non fai o que di, fai o que non di e non di o que fai.





A maxia é tan real como a realidade máxica. O que non cre na maxia nunca a atopará.




O pasado venres 13 houbo na biblioteca un espectáculo de maxia protagonizado por NOEL FANDIÑO. Resultou emocionante para todos os asistentes, tanto alumnos coma profesores. Algúns trucos eran coñecidos por programas de maxia na televisión, como o típico de facer desaparecer un pano, outros menos, coma o de facer aparecer tódalas cartas dun pau elixido polo voluntario (neste caso non estaba acordado un voluntario fixo, senon que foi unha improvisación do noso mago).
En definitiva, foi un espectáculo moi ameno e interesante que tamén estivo presente o feitizo das palabras en forma de constantes alusións a citas literarias sobre a maxia na boca de distintos compañeiros de Noel que ían intervindo entre truco e truco.




A maxia da lingua é o feitizo máis perigoso.

Ningún comentario: