martes, 25 de novembro de 2008

Un microrelato e un enlace para animar o concurso


Hai na rede multitude de concursos como o que estamos a realizar na Biblioteca de Secundaria. Imos deixar aquí un relato a modo de exemplo:


Amencía [Fóra de prazo. Non concursa]
Amencía. Anhelaba terche ao meu lado, como che gusta, en silencio. Cubrir de laranxa o lento espertar. Ías á barra do bar, un café cargado, as sombras pesimistas do diario, o primeiro cigarro doutro día sen vontade. Anoitecía. Un frío oco no sofá de dúas prazas. Desexaba a calor do teu corpo contemplando a Laszlo de Almásy e Katharine Clifton. Non moi lonxe, soaba o teclado. Tiñas éxito no teu traballo, escasas votacións en Filmaffinity. Cada día che desperezas gruñendo, apestas a nicotina, perfeccionas os teus arquivos informáticos. E traes unha flor á miña sepultura. Agora xa é tarde. Debería ser eu quen cha entregase a ti. Pero non podo.

Justo Pastor Gutiérrez de las Heras. A Guarda

Se queres coñecer outros usa este enlace:http://www.conpoucaspalabras.blogspot.com/

Ningún comentario: