mércores, 29 de outubro de 2008

No día de NARCISO, un mito






Hoxe día 29 de outubro celérase segundo o santoral o día de San Narciso. No noso centro trasladamos de sempre cara final de curso esta festividade, pero na biblioteca de Secundaria non quixemos deixar pasar esta ocasión para contar un mito, o mito de Narciso nunha versión en algo distante da máis clásica historia de Eco e Narciso que nos relata, por exemplo, Ovido na súa fabulosa obra "As metamorfoses".
Esta actividade que se enmarca nas previstas na primeira campaña do curso " O alimento das palabras" levouse a cabo engadíndolle outro atractivo máis: a narración bilingüe en galego e mais en inglés do mito por parte dos profesores de Cultura Clásica e de Lingua Estranxeira.

Por outra banda fixemos unha invitación para que se planten bulbos de narcisos na Biblioteca de Secundaria a invitación dos alumn@s de 4º da eso que foron os primeiros en facelo. Esperamos ter en marzo ou en abril, cando chegue a primavera fermosos narcisos floridos na nosa biblioteca como un complemento visual, cheo xa do sentido que o mito narrado lle dá apartir da agora a esta flor.

Ningún comentario: